No cuarto día do
curso aprendemos a traballar con aplicacións de gamificación, para
facer as nosas clases máis amenas.
Creamos cuestionarios similares a Kahoot en apenas uns minutos, para o que empregamos Conker e QuizzGecko. Logo puxemos a proba ós nosos compañeiros sobre a historia de La Valeta e Mdina.
Tamén tivemos a oportunidade de probar Snorkl e Baugarten, este último cun aspecto similar ós videoxogos, pero empregado para aprender inglés ou matemáticas.
Por último, aprendemos a crear chats con Mizu como axuda para resolver as dúbidas dos nosos estudantes e que eles mesmos sexan quen de avaliarse.
No centro tamén se está impartindo un curso sobre espazos makers. Na seguinte foto pódense ver exemplos de proxectos moi interesantes realizados con impresión 3D.
No hay comentarios:
Publicar un comentario