viernes, 4 de julio de 2025

A aventura chegou ó seu fin

No última día do curso fixemos un repaso daquelas aplicacións que máis nos gustaron.

Creamos esta canción grupal con Suno. Esta outra está baseada na miña experiencia en Malta. 

Tamén falamos da ética da IA e da súa aplicación en centros concretos, vimos o exemplo dun centro na China no que a IA está completamente integrada no día a día.

A continuación recibimos os nosos diplomas.


Ó rematar disfrutamos dunha típica comida maltesa.



Algúns estudantes do grupo tamén tivemos a sorte de coñecer lugares como a Blue Grotto.



O curso chegou ó seu fin, pronto levaremos a práctica nas aulas todo o aprendido.

Foi unha experiencia inolvidable, da que todos levamos moi bos recordos e que estamos desexando repetir.





jueves, 3 de julio de 2025

Gamificando!

 
No cuarto día do curso aprendemos a traballar con aplicacións de gamificación, para facer as nosas clases máis amenas.


Creamos cuestionarios similares a Kahoot en apenas uns minutos, para o que empregamos Conker e QuizzGecko. Logo puxemos a proba ós nosos compañeiros sobre a historia de La Valeta e Mdina.


Tamén tivemos a oportunidade de probar Snorkl e Baugarten, este último cun aspecto similar ós videoxogos, pero empregado para aprender inglés ou matemáticas.



Por último, aprendemos a crear chats con Mizu como axuda para resolver as dúbidas dos nosos estudantes e que eles mesmos sexan quen de avaliarse.

No centro tamén se está impartindo un curso sobre espazos makers. Na seguinte foto pódense ver exemplos de proxectos moi interesantes realizados con impresión 3D.



miércoles, 2 de julio de 2025

Ecuador do curso: creación de diapositivas, audios e vídeos con IA. Visita a Mdina e Rabat.

No terceiro día do curso comezamos empregando distintas aplicacións para crear diapositivas: Gamma, Slidesgo, Slides AI, Canva e Google slides.


Tamén coñecemos distintas aplicacións para a creación de audio: NotebooKLM e Suno. Neste enlace pódese escoitar unha canción creada para que os estudantes aprendan sobre electricidade.


Para finalizar aprendemos a crear vídeos con Synthesia e Lumen5.

Foi unha clase moi produtiva.

Tras rematar a clase o centro deunos a posibilidade de ir ata Mdina (antiga capital de Malta). Aproveitamos tamén para coñecer a cercana Rabat. Dúas cidades que merecen a pena ser vistas.











Podemos decir que Galicia segue estando presente en Malta e que todos os camiños levan a (Roma?) Santiago!!



Para rematar o día, algúns dos participantes no curso, fomos a unha das praias máis fermosas de Malta a onde disfrutamos dunha preciosa posta de sol.




martes, 1 de julio de 2025

Creando imaxes con IA e recorrendo La Valeta

Hoxe uníronse ó curso tres docentes de Alicante, polo que dos once docentes do curso seis somos de España. Tras as novas presentación deu comezo a nova sesión.

Comezamos o segundo día do curso traballando en pequenos grupos. Cada grupo elixiu unha temática, a partir do mesmo prompt comparamos o resultado en distintas aplicacións. No noso caso eliximos a temática “Computer Science” e analizamos os resultados obtidos en “Copilot”, “Perplexity” e “Julius”. É curioso ver que dependendo da temática é máis conveniente unha aplicación ca outra. No noso caso obtivemos mellores resultados con “Copilot”

Continuamos cun Kahoot no cal debiamos distinguir entre imaxes reais ou creadas con IA.



A continuación, analizamos as características que definen unha imaxe creada con IA, aínda que cada vez resulta máis complicado diferencialas.


Tamén comparamos varias aplicacións para planificar unidades didácticas.


Tras as clases realizamos unha visita guiada por La Valeta. Como curiosidade, destacar que nun dos monumentos que nos mostrou o guía hai referencia a Galicia, xa que está a famosa vieira símbolo do camiño de Santiago.


Dixen xa que en La Valeta hai vistas moi fermosas e edificios impresionantes? Aquí deixo a proba!






Para rematar o segundo día e loitar contra a calor probamos a cervexa típica maltesa.




lunes, 30 de junio de 2025

Comezamos a aventura Erasmus!

 

O último día de xuño deu comezo o curso “AI-Powered Content Creation for Educators”, que se leva a cabo na cidade de Valeta, en Malta.

Valeta é unha cidade fermosa, destaca polas súas edificacións históricas. Temos a sorte de realizar o curso no Palazzo de Messina, un emprazamento único.



Comezamos o curso realizando unha actividade para romper o xeo. Dado que o curso é sobre creación de contido empregando a intelixencia artificial, pedímoslle axuda a “AI Magic School” para que nos dese exemplos de actividades. Eliximos unha actividade na que mediante unha especie de “citas rápidas” charlamos en parellas para coñecernos mellor.




A continuación cada docente realizou unha presentación sobre si mesmo, o seu instituto ou lugar de traballo e a súa función no mesmo. O que nos permitiu ter unha maior información sobre os nosos compañeiros de curso. Dos oito participantes no curso, tres vimos de España e dous da República Checa. O resto de docentes proveñen de Eslovaquia, Alemania e Irlanda. Xa estamos tecendo redes para futuros intercambios.😍😍







Para finalizar o primeiro día do curso probamos algunhas aplicacións de IA. Charlamos con “ChatGPT Advanced Voice” e con Nelson Mandela a través de “PeopleAI”.



Esto non fixo máis que comezar! Estade atento@s.


martes, 19 de marzo de 2024

Chegou a visita de Draguignan!

 Hoxe chegaron os nosos compañeiros e compañeiras do Collége Jean Rostand, de Draguignan. 

Recibímolos con moita ilusión e con enormes ganas de compartir esta nova experiencia!

Despois da súa longa viaxe, xantamos todos xuntos no instituto e pasamos a tarde facendo varios xogos que se organizaron no centro. Que boa maneira de coñecernos!









A aventura chegou ó seu fin

No última día do curso fixemos un repaso daquelas aplicacións que máis nos gustaron. Creamos esta canción grupal con Suno. Esta outra está...