martes, 1 de julio de 2025

Creando imaxes con IA e recorrendo La Valeta

Hoxe uníronse ó curso tres docentes de Alicante, polo que dos once docentes do curso seis somos de España. Tras as novas presentación deu comezo a nova sesión.

Comezamos o segundo día do curso traballando en pequenos grupos. Cada grupo elixiu unha temática, a partir do mesmo prompt comparamos o resultado en distintas aplicacións. No noso caso eliximos a temática “Computer Science” e analizamos os resultados obtidos en “Copilot”, “Perplexity” e “Julius”. É curioso ver que dependendo da temática é máis conveniente unha aplicación ca outra. No noso caso obtivemos mellores resultados con “Copilot”

Continuamos cun Kahoot no cal debiamos distinguir entre imaxes reais ou creadas con IA.



A continuación, analizamos as características que definen unha imaxe creada con IA, aínda que cada vez resulta máis complicado diferencialas.


Tamén comparamos varias aplicacións para planificar unidades didácticas.


Tras as clases realizamos unha visita guiada por La Valeta. Como curiosidade, destacar que nun dos monumentos que nos mostrou o guía hai referencia a Galicia, xa que está a famosa vieira símbolo do camiño de Santiago.


Dixen xa que en La Valeta hai vistas moi fermosas e edificios impresionantes? Aquí deixo a proba!






Para rematar o segundo día e loitar contra a calor probamos a cervexa típica maltesa.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

A aventura chegou ó seu fin

No última día do curso fixemos un repaso daquelas aplicacións que máis nos gustaron. Creamos esta canción grupal con Suno. Esta outra está...